ÁREAS MOTORAS

ÁREAS MOTORAS

Dentro dos movementos e coordinacións xerais , na casa, podemos facer diversas actividades como lanzamentos de pelota coas mans (polo aire, deitados no chan, encima dunha mesa,...) coas punteiras dos pés. A pelota pode facerse con papel, ser un globo con arroz, lentellas... Que ó movelo teña sons.
Tamén se poden montar coreografías moi sinxelas asociando sempre os mesmos movementos ás mesmas partes da canción. Trátase de memorizar por repetición para chegar a facelas de maneira autónoma. Son varias as que traballamos na aula. Anexo algúns enlaces:









O esquema corporal que mellor que estar na casa sen as présas da rutina cotiá para traballalo relaxadamente no día a día (ó vestirse, xogar, na hora do baño,...) Déixovos uns enlaces de cancións que utilizamos na aula pero cantadas por min e interactuando co alumnado e modelándoo. 







O estar na casa facilita moito o traballo dos hábitos de independencia persoal, aseo matutino, facer a cama, axudar a cociñar, poñer e recoller a mesa,... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario