jueves, 4 de febrero de 2021

MULTIPLICA

Anímate a estudiar as táboas de multiplicar verás que divertido será poder lanzar penaltis ! Se tes dúbidas colle a táboa e mira para marcar a resposta correcta.

Pincha na imaxe para xogar




SUMAS E RESTAS

 Con este xogo poderás facer sumas e restas que che permitirán ir facendo un puzzle invernal, a estación na que estamos. Terás que arrastrar a peza do puzzle e colocala encima do resultado da suma ou resta.

Cando abras o xogo, poderás escoller se queres sumar ou restar e tamén a dificultade. 



ESCOITAMOS E LEMOS

 Se pinchas na imaxe accederás a un audioconto que ten diferentes xogos relacionados coa lectura. Anímate a ir lendo á par que vas escoitando á narradora.



DESCUBRINDO LETRAS EN FAMILIA

Xa que estamos no inverno, podemos xogar ó aforcado con palabras relacionadas con esta estación. Dende as máis sinxelas como poden ser frío, bufanda ou abrigo a outras un pouco máis complexas como temperatura ou termómetro.
Hai que ir pinchando nas letras e... a ver quen adiviña antes de que palabra se trata !

Pica co rato na imaxe para que comece o xogo



XOGANDO CON SÍLABAS

Poderás formar palabras de 2 sílabas e de 3 sílabas, arrastrando cada sílaba ó seu lugar.


Pincha sobre a imaxe para comezar a xogar!




XOGANDO CON LETRAS

  • Escribe os nomes dos animais, arrastrando as letras ó seu lugar ou escribindo no teclado do ordenador.

         

        Pica na imaxe para xogar.